Sunday 05 de May de 2024

Che Tembra inaugura na Pobra unha mostra en homenaxe a Isaac Díaz Pardo


A visión de Che Tembra sobre a obra de Isaac Díaz Pardo amosarase nunha exposición que abrirá ao público na casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal.

A inauguración terá lugar no 7 de marzo, ás 20.00 horas, nun acto organizado conxuntamente pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a A.C. Barbantia. Haberá intervención musical a cargo de Barahúnda. A entrada é libre ata completa-la cabida.

O artista rianxeiro recrea en ferro unha serie de debuxos concibidos por unha das figuras clave da cultura galega contemporánea. Predominan as formas humanas e a captación do movemento como, por exemplo, en 20 desnudos de Cecilia la acróbata.